BLOG DA BIBLIOTECA do CEIP Plurilingüe Cruceiro
23 de abril de 2024
Semana do Libro 2024: visítanos Cristina Paz Castro
2 de marzo de 2024
Gañadores do reto fotográfico corazóns
Con motivo de San Valentín, o instagram da nosa biblioteca propoñeu un reto fotográfico de corazóns. Podedes ver tódolos participantes no perfil @bibliocruceiro
Parabéns aos gañadores!
27 de febreiro de 2024
Actividades realizadas recentemente: Día da paz e da non violencia, Entroido 2024 e San Valentín
Nas derradeiras semanas levamos a cabo moitas actividades interesantes:
A primeira foi a conmemoración do Día da paz e da non violencia coa creación dunha receita viaxeira da paz. Cada curso foi creando paso a paso os ingredientes necesarios que remataron plasmados nun libro e gravados polos alumnos de cada clase:
O propio día 30 de Xaneiro, baixamos á sala de usos múltiples, onde bailamos a canción "Los niños queremos la paz", coreografiada pola profe de música, Merce. Tamén se proxectou o vídeo da receta viaxeira da paz e un vídeo elaborado polos alumnos de 6º xunto coa profe Merce con dita canción de fondo.
Entroido 2024
13 de xaneiro de 2024
Feliz 2024
Aquí estamos de volta, comezando un novo ano con moitas ganas de seguir traballando no noso proxecto Masterchef Cruceiro. Despedimos o 2023 resolvendo o reto fotográfico de comida divertida proposto polo instagram da biblioteca, onde María de 6ºA resultou gañadora: