10 de decembro de 2015

CHEGOU O NADAL AO COLEXIO!!!

A biblioteca engalanouse para o Nadal.

Inzilbeth convidou a Tom e a Vinicius a que pasaran con nós estas festas e os tres vestíronse segundo a ocasión.

Nestas fotos poderedes ver o elegantes que están!


-

25 de novembro de 2015

OS PRIMEIROS OLÍMPICOS!!!

Xa empezan a aparecer polos corredores os primeiros traballos sobre as olimpíadas que están facendo nas aulas.

Dado o pistoletazo de saída os primeiros en chegar á meta foron...





4 de novembro de 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR BASE DE EXPLORACIÓNS

Cada ano dende PLAMBE animan as Bibliotecas Escolares a fomentar as distintas Competencias Educativas.

Este ano as competencia elexidas son:
- Aprender a Aprender(CAA)
- Sentido de Iniciativa e Espíritu Emprendedor (CSIEE)
O lema "Biblioteca Escolar base de exploración" chama a traballar información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, diferente, polo alleo, a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras, a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras, que cada día, botan ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e compartir o aprendido.





A imaxe do cartel responde a interpretación que fixo o ilustrador do cómic  FRAN BUENO e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado.

22 de outubro de 2015

PREPARADOS, LISTOS, XA!!!

Ola, son Inzilbeth. 
Quero decirvos que xa demos o pistoletazo de saída, e os corredores do cole están listos para que expoñades os vosos traballos de investigación sobre as olimpíadas. 

Seguro que moi pronto empezaremos a ver cousas fantásticas coas que poderemos aprender uns dos outros. 

 COMPARTIREMOS O COÑECEMENTO!!! Que vos parece?



-

21 de outubro de 2015

CHEGOU O SAMAÍN!!!

INZILBETH XA ESTÁ DISFRAZADA...

E PÚXOVOS UN RECUNCHO DE LIBROS DO SAMAÍN E DE MEDO...
A GOZAR COA LECTURA RAPACES E RAPAZAS!!!


18 de outubro de 2015

MENSAXE DE INZILBETH

O pasado xoves chegou a todas as clases unha mensaxe de Inzilbeth. Como sempre por estas datas a nosa dragona ponnos a investigar sobre algún tema interesante. Este ano aprenderemos moitas cousas sobre as olimpíadas e sobre Brasil, o país onde se celebran.

Se queredes ler a carta outra vez clicade na imaxe. Seguro que vos divertides moito!!!


7 de outubro de 2015

SOMOS OLÍMPICOS

Chegaron ás aulas os AROS OLÍMPICOS!!!


CLUB DE LECTURA


Coa  intención de fomentar a lectura entre os nosos alumnos/as o Equipo de Biblioteca decidiu crear este curso escolar CLUBS DE LECTURA para os cursos de 5º e 6º.



Comezamos cos cursos de 5ºA e 5ºB.



Os CLUBS DE LECTURA son un recurso educativo que está tendo un gran éxito con excelentes resultados a prol da lectura nas comunidades educativas, enganchando un gran número de nenos e nenas na lectura por pracer.
Os CLUBS DE LECTURA son ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida, pero tamén espazos de convivencia e de educación cidadá. 
Unha das potencialidades dos CLUBS DE LECTURA, tal e como amosan moitas experiencias en centros da comunidade Autónoma, é a de incorporar á lectura a mozos e mozas que presentan resistencias. Isto lógrase precisamente polo seu carácter voluntario e porque conectan con intereses e necesidades deste alumnado.
Os CLUBS DE LECTURA estánse demostrando, así mesmo, útiles para mellorar a autoestima e as habilidades sociais e de lectura de alumnos con dificultades específicas de aprendizaxe.

! BENVIDOS OS ALUMNOS DOS CLUBS DE LECTURA!

28 de setembro de 2015

CLUB DE LECTURA



A vindeira semana, comeza a súa andaina o Club de lectura do CEIP Cruceiro.
O éxito está asegurado. Aí tendes a ringleira de rapaces que agardaban para anotarse, non foran quedar sen praza. Ás 8.30 da mañá!!!!
   Estes rapaces prometen. O MUNDO É DELES!!!


13 de maio de 2015

O MEU NOME É...

OLA!!!  Son o blog da biblioteca. 

Como ben sabedes acabo de nacer e vos tiñades a dificil labor de poñerme nome. 

A verdade é que estaba moi nervioso porque non tiña nin idea de cal sería, e ata tiven pesadelos pensando que ao mellor me queriades chamar Agapito ou Doroteo ou Heriberto, pero hei de recoñecer que o nome que me puxéchedes é ben bonitiño.





Como vou presumir diante dos outros blogs!!!

-

Desexo que este camiño que hoxe empezamos xuntos sexa pero que MOOOI LONGO!!!


Non sei se lembrades que o curso pasado o cole transformouse nunha fermosa vila medieval... como dicides... non vos escoito ben! 
Ah, que non vos lembrades! Pois non vos preocupedes que aí vai un resumo.





A verdade é que fixéchedes unhas actividades chulísimas e seguro que aprendíchedes moitísimo!! Que pena que eu aínda non nacera xa que seguro que estaría ben guapo vestido de "blog medieval".

Pero a partir deste ano non penso perderme ningún dos proxectos nos que esteades a traballar. 

Contade comigo para o que necesitedes!!! É mais, vou  daros unha información que me chegou a través de Inzilbeth. 

Este curso imos ser OLÍMPICOS, non digo mais. Poñede a imaxinación a voar!!!

Xa vos deixo, e pensade que creceremos xuntos polo que conto coa vosa colaboración para conseguir converterme nun GRAN BLOG!!!