22 de outubro de 2015

PREPARADOS, LISTOS, XA!!!

Ola, son Inzilbeth. 
Quero decirvos que xa demos o pistoletazo de saída, e os corredores do cole están listos para que expoñades os vosos traballos de investigación sobre as olimpíadas. 

Seguro que moi pronto empezaremos a ver cousas fantásticas coas que poderemos aprender uns dos outros. 

 COMPARTIREMOS O COÑECEMENTO!!! Que vos parece?



-

21 de outubro de 2015

CHEGOU O SAMAÍN!!!

INZILBETH XA ESTÁ DISFRAZADA...

E PÚXOVOS UN RECUNCHO DE LIBROS DO SAMAÍN E DE MEDO...
A GOZAR COA LECTURA RAPACES E RAPAZAS!!!


18 de outubro de 2015

MENSAXE DE INZILBETH

O pasado xoves chegou a todas as clases unha mensaxe de Inzilbeth. Como sempre por estas datas a nosa dragona ponnos a investigar sobre algún tema interesante. Este ano aprenderemos moitas cousas sobre as olimpíadas e sobre Brasil, o país onde se celebran.

Se queredes ler a carta outra vez clicade na imaxe. Seguro que vos divertides moito!!!


7 de outubro de 2015

SOMOS OLÍMPICOS

Chegaron ás aulas os AROS OLÍMPICOS!!!


CLUB DE LECTURA


Coa  intención de fomentar a lectura entre os nosos alumnos/as o Equipo de Biblioteca decidiu crear este curso escolar CLUBS DE LECTURA para os cursos de 5º e 6º.



Comezamos cos cursos de 5ºA e 5ºB.



Os CLUBS DE LECTURA son un recurso educativo que está tendo un gran éxito con excelentes resultados a prol da lectura nas comunidades educativas, enganchando un gran número de nenos e nenas na lectura por pracer.
Os CLUBS DE LECTURA son ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida, pero tamén espazos de convivencia e de educación cidadá. 
Unha das potencialidades dos CLUBS DE LECTURA, tal e como amosan moitas experiencias en centros da comunidade Autónoma, é a de incorporar á lectura a mozos e mozas que presentan resistencias. Isto lógrase precisamente polo seu carácter voluntario e porque conectan con intereses e necesidades deste alumnado.
Os CLUBS DE LECTURA estánse demostrando, así mesmo, útiles para mellorar a autoestima e as habilidades sociais e de lectura de alumnos con dificultades específicas de aprendizaxe.

! BENVIDOS OS ALUMNOS DOS CLUBS DE LECTURA!