18 de decembro de 2016

LEDICIA COSTAS VISITA O COLEXIO


O pasado xoves recibimos por anticipado un fantástico agasallo de Nadal. Ledicia Costas visitou o cole para manter un coloquio cos integrantes dos clubs de lectura.

Se queredes saber o que alí pasou clicade na caixa de regalo.


2 de decembro de 2016

30 de novembro de 2016

A COCIÑAR!!!


Iván Costado convértese en cociñeiro e explícanos como elaborar unha receita tradicional galega. 

Xa que estamos investigando sobre o noso ecosistema mariño, que mellor que unhas riquíííísimas ameixas á mariñeira.

Escoitade atentamente e logo probade a facelas na casa. QUEN SE ATREVE???

PAPIROFLEXIA


Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares fixéchedes uns barcos moi orixinais, pero por se alguén quedou sen facelo Andrea e Candela ensínanvos co seguinte vídeo.

27 de novembro de 2016

BUSCAMOS PRESENTADORES!!!

Acércase o Nadal e Inzilbeth busca presentadores para o festival.

Todos os que esteades interesados debedes ler a carta que manda a nosa mascota.

Clicade no debuxo.



MOITA SORTE A TODOS!!!

23 de novembro de 2016

UNHA NOVA REVISTA NA BIBLIOTECA!!!


Dende esta semana temos unha nova revista na biblioteca. Chámase "O Papagaio" e parece moi interesante, ah, e ademais está en GALEGO!!!

A publicación será mensual e xa somos subscriptores, ou sexa que xa sabedes, todos os meses haberá un novo número.

Xa temos os números 1 e 2. 

Quen se anima a ler???

9 de novembro de 2016

BARCOS, BARCOS E MÁIS BARCOS!!!


A convocatoria que fixemos para celebrar o "Día das bibliotecas escolares" foi todo un éxito.

As paredes do cole enchéronse de barcos, todos eles moi orixinais.

Aquí vos deixo algunhas fotos da "frota".



-

TEATRO DE SAMAÍN

                                                              (Preme na imaxe)

25 de outubro de 2016

PARA QUE O PASEDES... DE MEDO!

Nenos e nenas, achéganse as datas do Samaín...

... sombras escuras poboan o noso cole e tamén a nosa biblioteca. 

Se sodes valentes, animádevos con algún conto terrorífico que vos faga tremer ata as pestanas! 

No recuncho de medo da biblioteca podedes escoller entre un montón de interesantes propostas. 



LEMBRADE: 
- OS CONTOS SON PARA LER DURANTE O RECREO.
- DESPOIS DE EMPREGALOS TENDES QUE DEIXALOS NO MESMO LUGAR E TER CONTA DE NON DESORDENAR O RECUNCHO.

BOA LECTURA! 

24 de outubro de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe, día 24 de outubro,  celébrase o "Día das Bibliotecas Escolares" e como o lema deste curso é "Biblioteca escolar. Territorio das Artes" queremos propoñervos unha actividade literaria e artística ou artística e literaria, que tanto da que da o mesmo.




Seguro que sabedes facer barquiños de papel, a que si?

Pois poñédevos mans á obra, e todo o mundo a construir barcos, case como se o colexio fora o maior estaleiro de Galicia.

Por se alguén non recorda como se facían déixovos un vídeo que vos axudará moito.




Algunhas paredes do cole converteranse nun plácido océano no que navegarán os barcos que fabriquedes. CANTOS MÁIS MELLOR!!!


Os barcos deben ter as seguintes características.

- Ser literarios, ou sexa, deben levar algo escrito por vos. Poñede a imaxinación a voar e escribide un poema, un mini conto, unha frase orixinal, un chiste... ou o que se vos ocurra.


- Ser artisticos, ou sexa, que sean moi bonitos e orixinais, vamos que faga que calquera de nos quixera pertencer á vosa tripulación.


- E por último dicir que os barcos teñen que estar feitos con material de reciclaxe ou de refugallo.

ENCHAMOS DE BARCOS AS NOSAS COSTAS!!!  PERDÓN, AS NOSAS PAREDES!!!


18 de outubro de 2016

Xa vos apuntastes aos clubs de lectura???? 

OLLO! Que o venres remata o prazo! 

Non deixedes pasar a oportunidade de compartir a lectura dos fantásticos libros que foron seleccionados este ano. 

Se queredes saber cales son, entrade no apartado de Clubs de Lectura que tendes á dereita. 

Lembrade que tendes que pasar pola Secretaría para unirvos ao club. 

17 de outubro de 2016

QUEREDES LER?




QUEREDES LER???

Animádevos e anotádevos nos clubs de lectura deste curso!

Os libros cos que comezaremos son moi interesantes e seguro que pasaredes uns momentos fantásticos gozando da súa lectura.

Do MÉRCORES 19 ao VENRES 21 de OUTUBRO estará aberto o prazo de inscrición na Secretaría.

ANIMÁDEVOS!!!

9 de outubro de 2016

MENSAXE NUNHA BOTELLA

O outro día Inzilbeth foi a dar un paseo pola praia da Lanzada e tropezou cunha botella tirada na area. 

O primeiro que pensou foi que algunha persoa moi cocha a deixara alí tirada, pero cando ía recollela para levala ao colector verde deuse de conta de que dentro había unha mensaxe.

Inzilbeth leu a carta pero había moitas palabras que non entendía.

PODEDES AXUDALA???

Clicade na botella para lela tamén vós.


4 de outubro de 2016

BIBLIOTECA ESCOLAR, “TERRITORIO DAS ARTES".



         BIBLIOTECA ESCOLAR,

     “TERRITORIO DAS ARTES"
                  Cóntovos!


 Nas bibliotecas  Escolares de Galicia este ano anímase a potenciar a parte creativa das  persoas. A explorar produtos artísticos, a experimentar:
Coa danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía,videocreacións, videoxogos).
Non é un tema apaixonante?
Dende a nosa Biblioteca faremos  actividades relacionadas coas artes.
Ide pensando algunha idea.


Inzilbeth.  

22 de setembro de 2016

UN NOVO CURSO, UN NOVO PROXECTO!

Un novo curso, e como sempre, un novo proxecto! Este ano coñeceremos ao escritor de novelas de aventura e ciencia ficción JULIO VERNE.


MERGULLÉMONOS NA AVENTURA!!!

20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA...POLAS NOSAS COSTAS.


colloge-1

  collage-2

Que lle pasa a estas portas? Se nas aulas queremos entrar, o traxe de submarinistas debemos levar!

Os nenos e nenas de Vilalonga estamos collendo aire para mergullarnos ao longo do curso neste novo proxecto relacionado co mar e as nosas costas.

Da man de Julio Verne e as súas obras, descubriremos moitas aventuras que nos farán soñar, pensar, imaxinar, crear, investigar...

9 de setembro de 2016

DE VOLTA AO COLE! BENVID@S!

Ola amiguiños e amiguiñas! 
Xa cheguei do Brasil cheíña de sol e con maniotas no rabo de tanto bailar samba. 

Sabedes que? Paseino en grande vendo como as Olimpíadas son un grande espectáculo deportivo e de fraternidade entre persoas do mundo enteiro! 

Mais, xa tiña ganas de volver...e sentir o arrecendo fresco do noso mar. 

Traio moita forza para o novo curso e estou desexando vervos a todos/as! 
Xa estou poñendo a punto a biblioteca, que abrirá as súas portas o vindeiro luns 19 de setembro.


Vinde preparados e preparadas para unha nova aventura! 

Ata o luns! Bicos de dragoa. 

23 de xuño de 2016

BO VERÁN!!!

Inzilbeth marcha a Río de Janeiro e déixanos unhas fotos para lembrar o proxecto "Somos olímpicos".

Clicade no avión.



BO VERÁN!!!

18 de maio de 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O Martes 17 celebrouse o Día das Letras Galegas. Este ano foi adicado a MANUEL MARÍA. Foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega. Entre as súas obra obras podemos encontrar:

- Os soños na gaiola
- As rúas do vento ceibe
- O bigote de Mimí
- Cando o mar foi polo río
- A Berenguela


No CEIP Cruceiro celebraremos este día o 19 e 20 de maio.
O 19 de maio realizaremos unha obra de teatro do libro "os soños na gaiola".
O 20 de maio os maiores nos deleitarán ca obra de teatro "A berenguela" e ademáis recitaremos e bailaremos diversas obras de Manuel María.
Que ben o imos pasar!!!
  

27 de abril de 2016

O NOVO LIBRO DOS CLUB DE LECTURA XA ESTÁ NO FORNO...


Os alumnos dos clubs de Lectura xa elexiron o seguinte libro, neste 3º trimestre , repetindo coa autora Ledicia Costas, xa que lle gustou moito o primeiro libro que leron da escritora: “Escarlatina Cociñeira Defunta”.



 SINOPSIS DO LIBRO:
O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste.
Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. 
A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena.
 A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade.
Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo.
 O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.

26 de abril de 2016

A MAXIA ESTÁ NOS LIBROS!!!


No día do seu aniversario Inzilbeth agasallounos cuns fantásticos vídeos que nos convidan a LEEERR!

Moitas grazas Inzilbeth!!!







E aquí déixovos un fantástico vídeo que xa vimos no cole, "Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore". Lembrade que recibiu un premio Oscar ao mellor corto no ano 2011!

23 de abril de 2016

PARABÉNS INZILBETH!!

Hoxe celébrase o Día do Libro, e no Cruceiro ademais, o aniversario da nosa Inzilbeth, que xa cumpre 10 anos. Por este motivo lle rendemos homenaxe e lle entregamos numerosos agasallos, todos eles relacionados con receitas que foron recompilados en divertidos libros de cociña. En agradecemento, Inzilbeth convidounos a uns ricos biscoitos. Parabéns e que cumpras moitos máis!!

10 de abril de 2016

PODÉDESME AXUDAR???

Ola chicos!!! Sinto ser pesada pero necesito a vosa axuda OUTRA VEZZZ!!!

Non sei se sabedes que son unha gran cociñeira e este ano quérome presentar ao concurso MASTERCHEF JUNIOR. 

O casting é moi dificil, xa que compito con moitos nenos, e a única forma de pasalo é que elabore unha receita que ademais de ser saudable e estar moi rica sexa moi orixinal. 

Necesito que poñades as vosas cabezas a pensar e me axudedes. Farédelo??? POR FI...!!!

Se clicades no meu gorro de cociñeira saberedes exactamente o que necesito.

GRAZAS. Bicos de dragoa

                                           INZILBETH



8 de abril de 2016

CHEGAMOS Á META!!!



Coa marcha do lume olímpico os xogos no cole chegaron ao seu fin. Despois de dous trimestres de moito esforzo os corredores enchéronse cos traballos de todos os nenos.

Aquí vos deixo unha pequena mostra.




VÉMONOS EN BRASIL!!!

6 de abril de 2016

CANTA BICHERÍA!


      Os animais e a súa presenza na literatura infantil e xuvenil, serán os protagonistas deste 17º Salón do Libro: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos, ...; formigas, osos, cans e paxaros... De todas as partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer, reais ou fantásticos.
         
       A entrada é gratuita no Pazo da Cultura de Pontevedra do 1 ao 23 de abril de 2016. ANIMÁDEVOS!!!

       Preme na imaxe para obter máis información.


22 de febreiro de 2016

XA ESTÁ AQUÍ!!!

A maleta olímpica trapalleira xa está na biblioteca!

Dentro hai moitos sobres con fotografías que nos dan pistas para poder investigar sobre Brasil e sobre os Xogos Olímpicos.


-
Hai quen xa comezou a indagar sobre o tema!






15 de febreiro de 2016

MALETA OLÍMPICA TRAPALLEIRA

Estamos metidos de cheo no mundo olímpico e para esta semana Inzilbeth preparounos unha maleta moi especial. Creo recordar que a nosa mascota quería viaxar a Brasil para disfrutar dos Xogos Olímpicos, non si?

Pois deixounos na biblioteca unha maleta chea de sorpresas, pero para poder abrila temos que coñecer unhas normas básicas que podedes ler se clicades na imaxe.



5 de febreiro de 2016

NOVIDADES BIBLIOTECA CURSO 15-16

A BRUXA DISCORDIA
Mamá Cabra 
Ed. Galaxia

A GRAMOLA GOMINOLA
Ed. Galaxia

BALEA
Fernando Federico 
Ed. Kalandraka

CAER DE CU POLO UNIVERSO
Estíbaliz Espinosa, Lucía Cobo
Ed. Apiario

CANTA O CUCO
Magín Blanco, Uxía
Ed. Galaxia

DESPOIS DA CHUVIA
Miguel Cerro, Manuela Rodríguez
Ed. Kalandraka

EL MARAVILLOSO MINI-PELI-COSO
Beatrice Alemagna
Ed. Combel

INVENTARIO DE INSECTOS
Virginie Aladjidi, Emmanuelle Tchoukriel
Ed. Kalandraka

KIRIKÚ Y LA BRUJA
Michel Ocelot
Ed. Kókinos

KIRIKÚ Y LAS BESTIAS SALVAJES
Michel Ocelot
Ed. Kókinos

LA TARTA DE HADAS
Michaël Escoffier, Kris Di Giacomo
Ed. Kókinos

MACAVITY
T. S. Eliot, Arthur Robins
Ed. Lata de Sal

MOUSTACHE
Gracia Iglesias
Ed. Lata de Sal

O MONSTRO DE CORES
Anna LLenas
Ed. Flamboyant

OLYMPIA. LA CINTA ROJA
Almudena Cid
Ed. Alfaguara

OLYMPIA. UN GIRO INESPERADO
Almudena Cid
Ed. Alfaguara

OLYMPIA. UN MUNDO DE DOS SABORES
Almudena Cid
Ed. Alfaguara

OLYMPIA. UN PASO MÁS
Almudena Cid
Ed. Alfaguara

¡PUAG, MENUDA MASCOTA!
Andrés Guerrero
Ed. Ediciones SM

TE QUIERO (CASI SIEMPRE)
Anna LLenas
Ed. Espasa

TEÑO UNS PÉS PERFECTOS
María Solar, Gusti
Ed. Kalandraka

TRACA - TRACO
Paco Rivas, Alfonso Otero Regal
Edicións do Cumio

XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ!
Ed. Galaxia