27 de abril de 2016

O NOVO LIBRO DOS CLUB DE LECTURA XA ESTÁ NO FORNO...


Os alumnos dos clubs de Lectura xa elexiron o seguinte libro, neste 3º trimestre , repetindo coa autora Ledicia Costas, xa que lle gustou moito o primeiro libro que leron da escritora: “Escarlatina Cociñeira Defunta”.



 SINOPSIS DO LIBRO:
O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste.
Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. 
A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena.
 A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade.
Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo.
 O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.

26 de abril de 2016

A MAXIA ESTÁ NOS LIBROS!!!


No día do seu aniversario Inzilbeth agasallounos cuns fantásticos vídeos que nos convidan a LEEERR!

Moitas grazas Inzilbeth!!!







E aquí déixovos un fantástico vídeo que xa vimos no cole, "Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore". Lembrade que recibiu un premio Oscar ao mellor corto no ano 2011!

23 de abril de 2016

PARABÉNS INZILBETH!!

Hoxe celébrase o Día do Libro, e no Cruceiro ademais, o aniversario da nosa Inzilbeth, que xa cumpre 10 anos. Por este motivo lle rendemos homenaxe e lle entregamos numerosos agasallos, todos eles relacionados con receitas que foron recompilados en divertidos libros de cociña. En agradecemento, Inzilbeth convidounos a uns ricos biscoitos. Parabéns e que cumpras moitos máis!!

10 de abril de 2016

PODÉDESME AXUDAR???

Ola chicos!!! Sinto ser pesada pero necesito a vosa axuda OUTRA VEZZZ!!!

Non sei se sabedes que son unha gran cociñeira e este ano quérome presentar ao concurso MASTERCHEF JUNIOR. 

O casting é moi dificil, xa que compito con moitos nenos, e a única forma de pasalo é que elabore unha receita que ademais de ser saudable e estar moi rica sexa moi orixinal. 

Necesito que poñades as vosas cabezas a pensar e me axudedes. Farédelo??? POR FI...!!!

Se clicades no meu gorro de cociñeira saberedes exactamente o que necesito.

GRAZAS. Bicos de dragoa

                                           INZILBETH



8 de abril de 2016

CHEGAMOS Á META!!!



Coa marcha do lume olímpico os xogos no cole chegaron ao seu fin. Despois de dous trimestres de moito esforzo os corredores enchéronse cos traballos de todos os nenos.

Aquí vos deixo unha pequena mostra.




VÉMONOS EN BRASIL!!!

6 de abril de 2016

CANTA BICHERÍA!


      Os animais e a súa presenza na literatura infantil e xuvenil, serán os protagonistas deste 17º Salón do Libro: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos, ...; formigas, osos, cans e paxaros... De todas as partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer, reais ou fantásticos.
         
       A entrada é gratuita no Pazo da Cultura de Pontevedra do 1 ao 23 de abril de 2016. ANIMÁDEVOS!!!

       Preme na imaxe para obter máis información.