22 de setembro de 2016

UN NOVO CURSO, UN NOVO PROXECTO!

Un novo curso, e como sempre, un novo proxecto! Este ano coñeceremos ao escritor de novelas de aventura e ciencia ficción JULIO VERNE.


MERGULLÉMONOS NA AVENTURA!!!

20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA...POLAS NOSAS COSTAS.


colloge-1

  collage-2

Que lle pasa a estas portas? Se nas aulas queremos entrar, o traxe de submarinistas debemos levar!

Os nenos e nenas de Vilalonga estamos collendo aire para mergullarnos ao longo do curso neste novo proxecto relacionado co mar e as nosas costas.

Da man de Julio Verne e as súas obras, descubriremos moitas aventuras que nos farán soñar, pensar, imaxinar, crear, investigar...

9 de setembro de 2016

DE VOLTA AO COLE! BENVID@S!

Ola amiguiños e amiguiñas! 
Xa cheguei do Brasil cheíña de sol e con maniotas no rabo de tanto bailar samba. 

Sabedes que? Paseino en grande vendo como as Olimpíadas son un grande espectáculo deportivo e de fraternidade entre persoas do mundo enteiro! 

Mais, xa tiña ganas de volver...e sentir o arrecendo fresco do noso mar. 

Traio moita forza para o novo curso e estou desexando vervos a todos/as! 
Xa estou poñendo a punto a biblioteca, que abrirá as súas portas o vindeiro luns 19 de setembro.


Vinde preparados e preparadas para unha nova aventura! 

Ata o luns! Bicos de dragoa.