25 de outubro de 2016

PARA QUE O PASEDES... DE MEDO!

Nenos e nenas, achéganse as datas do Samaín...

... sombras escuras poboan o noso cole e tamén a nosa biblioteca. 

Se sodes valentes, animádevos con algún conto terrorífico que vos faga tremer ata as pestanas! 

No recuncho de medo da biblioteca podedes escoller entre un montón de interesantes propostas. 



LEMBRADE: 
- OS CONTOS SON PARA LER DURANTE O RECREO.
- DESPOIS DE EMPREGALOS TENDES QUE DEIXALOS NO MESMO LUGAR E TER CONTA DE NON DESORDENAR O RECUNCHO.

BOA LECTURA! 

24 de outubro de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe, día 24 de outubro,  celébrase o "Día das Bibliotecas Escolares" e como o lema deste curso é "Biblioteca escolar. Territorio das Artes" queremos propoñervos unha actividade literaria e artística ou artística e literaria, que tanto da que da o mesmo.




Seguro que sabedes facer barquiños de papel, a que si?

Pois poñédevos mans á obra, e todo o mundo a construir barcos, case como se o colexio fora o maior estaleiro de Galicia.

Por se alguén non recorda como se facían déixovos un vídeo que vos axudará moito.




Algunhas paredes do cole converteranse nun plácido océano no que navegarán os barcos que fabriquedes. CANTOS MÁIS MELLOR!!!


Os barcos deben ter as seguintes características.

- Ser literarios, ou sexa, deben levar algo escrito por vos. Poñede a imaxinación a voar e escribide un poema, un mini conto, unha frase orixinal, un chiste... ou o que se vos ocurra.


- Ser artisticos, ou sexa, que sean moi bonitos e orixinais, vamos que faga que calquera de nos quixera pertencer á vosa tripulación.


- E por último dicir que os barcos teñen que estar feitos con material de reciclaxe ou de refugallo.

ENCHAMOS DE BARCOS AS NOSAS COSTAS!!!  PERDÓN, AS NOSAS PAREDES!!!


18 de outubro de 2016

Xa vos apuntastes aos clubs de lectura???? 

OLLO! Que o venres remata o prazo! 

Non deixedes pasar a oportunidade de compartir a lectura dos fantásticos libros que foron seleccionados este ano. 

Se queredes saber cales son, entrade no apartado de Clubs de Lectura que tendes á dereita. 

Lembrade que tendes que pasar pola Secretaría para unirvos ao club. 

17 de outubro de 2016

QUEREDES LER?




QUEREDES LER???

Animádevos e anotádevos nos clubs de lectura deste curso!

Os libros cos que comezaremos son moi interesantes e seguro que pasaredes uns momentos fantásticos gozando da súa lectura.

Do MÉRCORES 19 ao VENRES 21 de OUTUBRO estará aberto o prazo de inscrición na Secretaría.

ANIMÁDEVOS!!!

9 de outubro de 2016

MENSAXE NUNHA BOTELLA

O outro día Inzilbeth foi a dar un paseo pola praia da Lanzada e tropezou cunha botella tirada na area. 

O primeiro que pensou foi que algunha persoa moi cocha a deixara alí tirada, pero cando ía recollela para levala ao colector verde deuse de conta de que dentro había unha mensaxe.

Inzilbeth leu a carta pero había moitas palabras que non entendía.

PODEDES AXUDALA???

Clicade na botella para lela tamén vós.


4 de outubro de 2016

BIBLIOTECA ESCOLAR, “TERRITORIO DAS ARTES".



         BIBLIOTECA ESCOLAR,

     “TERRITORIO DAS ARTES"
                  Cóntovos!


 Nas bibliotecas  Escolares de Galicia este ano anímase a potenciar a parte creativa das  persoas. A explorar produtos artísticos, a experimentar:
Coa danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía,videocreacións, videoxogos).
Non é un tema apaixonante?
Dende a nosa Biblioteca faremos  actividades relacionadas coas artes.
Ide pensando algunha idea.


Inzilbeth.