22 de febreiro de 2017

MERGÚLLATE NA AVENTURA!!!

O proxecto deste curso rematou!

Durante o 1º trimestre fixéronse moitas actividades nas diferentes aulas.

Contamos coa participación das familias, que andiveron polo cole deixando a súa sabedoría, e ademais colaboraron aportando moito material relacionado coas tarefas no mar.

Aquí están alguns dos traballos para que botedes unha ollada. Premede na imaxe.


7 de febreiro de 2017

CONTADAS DE ENTROIDO

Ummmmmmm! Cheirades iso? É arrecendo a filloa!! Porque xa vén aí o Entroido!!!! 

Para comezar coas celebracións desta gran festa, queremos facer unha invitación ás FAMILIAS para que participen no... 

CONTACONTOS DE ENTROIDO

Na semana do 20 ao 23 de febreiro (luns, martes, mércores e xoves) estades convidadas a vir ler un conto na nosa biblioteca. Será durante a hora do recreo. 
Nais, pais, avós, avoas, tíos, primas... Todos os nenos e nenas estarán encantados de recibirvos! 





AGARDÁMOSVOS!!