16 de marzo de 2017

QUE A POESÍA NOS SALVE DO MUNDO



O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía. 
Buscamos poetas que enchan de versos as paredes e muros. 






Poñede moita atención, a poesía está ao noso arredor. Fixádevos no mar, alí está. Na mirada da avoa, nas flores e na area da praia... 

Atopádea e traédea con vós porque o día 21 encheremos os muros do noso patio con ela. 




Porque... que sería do mundo sen poesía? 

10 de marzo de 2017

ASÍ FORON AS CONTADAS DE ENTROIDO

Foi un auténtico luxo gozar cos contacontos neste Entroido.

Queremos dar as grazas a todas as familias que se animaron a vir e felicitalas polas súas actuacións. 

Premede na imaxe para escoitar algúns dos contos.


9 de marzo de 2017

ENTROIDADA

Durante a semana do entroido os membros dos clubs de lectura puxeron a voar a súa imaxinación, no que a vestiario se refire,  e non había quen os recoñecese.

Se queredes ver algunhas fotografías premede na imaxe.