30 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celebramos o Día do libro e o aniversario de Inzilbeth.

Como manda a tradición os nenos agasallaron á nosa mascota con diferentes tipos de producións, que este ano estiveron baseadas na obra de Carlos Casares, autor ao que dedicamos o Día das Letras Galegas.

Nos seguintes vídeos poderedes ver que traballos tan orixinais fixeron.

















Se premedes na imaxe podedes ver moitas fotografías de esta xornada tan especial.

diadolibro  

FELICES LECTURAS!

18 de abril de 2017

COMO PASAN OS ANOS!!!

Sabedes quen cumpre 11 anos dentro duns días?


Pensade!!!

Exacto, son eses nenos e nenas de 5º que están a piques de celebrar o seu aniversario, pero hai alguén máis. Quen será?

Aí vai unha pista, por se alguén está despistado!

De lonxe chegou,
dun ovo naceu,
e cando soprou,
o lume acendeu.

Seguro que xa adiviñachedes que é INZILBETH!

Como todos os anos imos facerlle un agasallo para celebrar con ela o seu aniversario.

Non sabedes que??? Premede na imaxe e atoparedes algunhas ideas!