31 de outubro de 2017

COMEZAN OS CLUBS DE LECTURA

Atención, atención! 

Falta moi pouco para a primeira xuntanza dos clubs de lectura.

Será o MARTES 7 DE NOVEMBRO á hora do recreo na aula de 5ºB. 

Presentamos aos integrantes dos tres clubs de lectura deste curso:

CLUB DOS XOVENES MOSQUETEIROS “
PROFE: RAQUEL
ALUMNOS/AS : 13 
DANI TORRES 5ºB
MANUEL 5ºB
ADRIÁN5ºB
IRIA5ºB
YAIZA5ºB
UXIA 5ºB
ANA 5ºB
CARLOS. D 6º
SARA J.6º
LAURA 6º
ANDREA 6º
ALEXANDRA 6º
CANDELA 6º



"CLUB DOS LECTORES BRIVONES"
PROFE: PATRICIA
ALUMNOS/AS: 13
AINHOA 5ºA
MARIA 5ºA
PABLO SOUTULLO 5ºB
MATEO 5ºB
ZAIRA 5ºB
CARLOS BEIS 6º
MATEO 6º
LÚA 6º
ANDRÉS 6º
ALEJANDRO 6º
BORJA 6º
AITANA 6º
IAGO 6º


CLUB (AÍNDA NON TEÑEN NOME DECIDIDO)
PROFE: CARLA
ALUMNOS/AS: 12
JULIA 5º A
MANUELA 5ºB
DANIELA 5ºB
NURIA 5ºB
CARLA 5ºB
BRAIS 5ºB
CARMELO 5ºA
LUCÍA 5ºA
AINARA 5ºA
PEDRO 6º
SARA ABAL 6º
MARTIN 6º




As aventuras nas que se embarcarán neste primeiro trimestre son: 


Una novela preciosa, tremendamente humana y emocionante, que describe las peripecias de una niña alemana de nueve años desde que es dada en adopción por su madre hasta el final de la II Guerra Mundial. Su nueva familia, gente sencilla y nada afecta al nazismo, le enseña a leer y, a través de los libros, Rudy logra distraerse durante los bombardeos y combatir la tristeza. Pero es el libro que ella misma está escribiendo el que finalmente le salvará la vida.«La esperanza de Liesel es inexpugnable...









Un libro repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra. Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. Finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avería do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe velenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio. A tradución galega de Carlos Casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria. 





A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento. Os recreos estaban tomados por Héctor Solla e Raúl Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida imposible a el e a súa compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde tamén se viven tempos moi dífíciles, atopará acougo ás súas coitas facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando, baixo o nick de “Degolado”, con “Pomba”, unha amiga cibernética que o axudará a descubrir que paga a pena confiar na xente.



Que boa pinta! Que os desfrutedes! 





30 de outubro de 2017

BIBLIOTECA SOSTIBLE

 O pasado 18 de novembro na I Asemblea de Delegados/as e Subdelegados/as as nenas e nenos de terceiro responsabilizáronse de levar a cabo unha tarefa baixo o título de "Unha biblioteca sostible".
Despois de investigar ao longo destes días, hoxe foi o día da exposición.
Na súa sesión de biblioteca foron explicando a tódolos cursos as súas investigacións sobre como podemos conseguir entre todos unha biblioteca sostible que respecte o medio ambiente.
Elaboraron unhas papelerias con material de refugallo, explicaron que debemos tirar en cada unha delas, e deseñaron uns carteis que colocaron pola biblioteca con algúns consellos como por exemplo: apagar as luces ao saír da biblioteca ou usar a impresora de forma responsable.
Noraboa! Bo traballo!







SAMAÍN

Xa está aquí o Samaín. 
Os nenos e nenas de cuarto de primaria e de 5 anos B axudaron a elaborar este recuncho na biblioteca, seleccionando libros de medo e decorando. Mirade que ben lles quedou.
Podedes atopar diversidade de libros. Por exemplo:

- Onde viven os monstros. Maurice Sendak. Kalandraka.
- Corre, corre, cabaciña. Eva Mejuto e André Letria. OQO
- Escarlatina, a cociñeria defunta. Ledicia Costas. Xerais

Pasade pola biblioteca a ler algún deles ou a buscar unha peli de medo.



24 de Outubro: Días das Bibliotecas Escolares

No colexio Crucerio quixemos celebrar este día elaborando uns acrósticos coa palabra BIBLIOTECA.



26 de outubro de 2017

VOLUNTARIADO BIBLIOTECA

Gústache ler? 

Gústache ir á biblioteca? 

Gozas falando de libros, personaxes, autores...? 

A miúdo recomendas libros aos teus amigos e amigas? 

Encántache visitar de vez en cando algunha librería a mirar e mercar libros?

Gustaríache participar na organización das actividades que se leven a cabo no recreo? 

Pois non o dubides e anótate como voluntario/voluntaria da biblioteca do cole.





ADEUS INZILBETH!

Como vos anunciamos antes, os nenos e nenas do Cruceiro estiveron escribindo cartas e mensaxes de despedida para a nosa anterior mascota da biblioteca.
Aquí tendes algunhas das súas produccións.




19 de outubro de 2017

CLUB DE LECTURA

Xa está aberto o prazo para que o alumnado de 5º e 6º de primaria se anote no Club de Lectura.
Tendes ata o 24 de Outubro para facelo.

ANIMÁDEVOS!


I Asemblea de Delegados/Delegadas/ Subdelegados/Subdelegadas

Onte celebrouse na biblioteca do cole a I Asemblea de Delegados/Delegadas/Subdelegados/Subdelegadas.

Os representantes das diferentes clases foron expoñendo as súas propostas.

A verdade é que tomaron moi en serio a responsabilidade que lles outorgou Inzilbeth de xestionar a biblioteca, pois sairon multitude de ideas brillantes. Se pinchades na seguinte imaxe podedes ler algunhas delas.


Despois de escoitar a todos e todas, fomos organizando a información e repartindo as tarefas que se propuxeron entre os diferentes cursos, quedando desta maneira:

  • Infantil: encargarase da decoración da biblioteca.

  • Primeiro: redactará as normas.

  • Segundo: representarán un conto na biblioteca para darlle a benvida aos nenos e nenas de tres anos.

  • Terceiro: explicarán aos compañeiros/as como podemos facer para ter unha biblioteca sostible, respetuosa co medio ambiente, e elaborarán as papeleiras para reciclar.

  • Quinto: organizarán as ideas que foron saíndo na asemblea relacionadas coas actividades que se levarán a cabo na biblioteca na hora dos recreos e polas tardes. Logo explicaránllas ao resto de compañeiros/as do colexio.

 

Na Asemblea, ademais da xestión, organización e funcionamento da biblioteca, falamos de outras actividades que se celebran no cole e que tamén poden ser organizadas polo alumnado.

Así, os nenos e nenas de cuarto xa están organizando o Concurso de Trompos, os de terceiro están dispostos a axudar a preparar a festa do Magosto ( elaborarán carteis anunciando a festa, o programa do día, etc) e os de sexto atrévense coa organización do Festival de Nadal (casting de presentadores e presentadoras, elaboración de horario de ensaios, decorado...)

Por suposto, as mestras e mestres tamén teñen as súas tarefas.

  • Apadriña unha estantería. Organizarán as estanterías da biblioteca para que cada clase apadriñe unha e a manteña ordenada durante todo o curso.

  • Organizar aos Voluntarios/Voluntarias de biblioteca durante os recreos.

  • Formación de usuarios da biblioteca e do programa Meiga.

  • Posta en marcha do Club de Lectura.

 

Quedan aínda moitas tarefas que levar a cabo ao longo do curso, pero iremos amodiño para facelo o mellor posible. 

Inzilbeth seguro que estaría ben orgullosa de nós.


4 de outubro de 2017

BIBLIOTECA ABERTA

 Por fin abriu a biblioteca! Certamente, nótase a marcha de Inzilbeth...deixouna moi triste...

Na súa carta de despedida ofreceu a biblioteca ao alumnado para a súa xestión, organización e deseño co fin de facer dela un espazo que sintan seu, que lles serve, que necesitan e queren usar. Un espazo imprescindible para o desenvolvemento dos proxectos e tarefas, e un lugar imprescindible para a difusión destes traballos.

Algúns/as xa tiveron a súa primeira sesión e quedaron cavilando nesa pregunta que apareceu nas ventás: 

POR QUE É IMPORTANTE A BIBLIOTECA DO COLE?