30 de novembro de 2017

CONTACONTOS



Está unha tarde estupenda para vir á biblioteca.
Carla e a súa nai Katia acaban de representar con títeres o conto "Os tres porquiños".
Despois Gael animouse e leulle o conto a nenos/nenas e familias. 

Foi moi divertido! Moitas gracias.




29 de novembro de 2017

CONTACONTOS

Mañá pola tarde teremos sesión de contacontos na biblioteca. Carla (5 anos B) e a súa nai representarán con títeres o conto "Os tres porquiños".

Lembrade que o horario é e 16.00 a 18.00 horas. 

Esperámosvos!


23 de novembro de 2017

PRESENTADORES E PRESENTADORAS

Hoxe rematou o casting para elexir os nenos e nenas que van presentar o Festival de Nadal



O xurado quere agradecer e felicitar aos participantes.

 Os seleccionados/as para presentar este ano o Festival de Nadal son:



Alumno/a
Curso
Sara A. e Alexandra
Nuria e Manuela
5ºB
Izan e Ainara
5ºA
Alba
3ºA
Yasmin
3ºA
Sheila e Sabela
4ºA
Manuel
3ºB
Mateo e Izan
2ºA
Sara
2ºB
Sabela
2ºB
Álvaro
1ºB
Marta e David
5 anos B
Lía e Damián
5 anos A
Jacobo e Brais
4 anos


NORABOA! 

Agora o alumnado de 6º, encargado de levar a cabo a tarefa de organizar o festival, poñerase man á obra coa redacción e reparto do guión.

 Ánimo rapaces/rapazas!




CINE NA BIBLIOTECA


Como anunciamos onte, hoxe tocou cine na biblioteca. 

Houbo un pequeno contratempo coa película de "Frozen" que se iba a proxectar nun principio, asi que cambiouse por "El viaje de Arlo". 

Nenas, nenos e familias non perderon detalle das aventuras de Arlo, un Apatosaurus que se fai amigo dun humano e viaxa por unha misteriosa paisaxe na que conviven dinosauros e humanos. 

 Arlo ensinounos que se nos enfrentamos aos nosos medos podemos descubrir todo aquelo do que somos capaces.




22 de novembro de 2017

XOVES DE BIBLIOTECA

Como xa anunciamos anteriormente, por decisión do alumnado, os xoves polas tardes realizaranse actividades na biblioteca en horario de 16,00h a 18.00h.

1º xoves: contacontos/ teatro/ moniquecres 

2º xoves: xogos de mesa

3º xoves: intercambio de libros

4º xoves: película

Este xoves 23 arrancamos con sesión de cine! Proxectaremos a película

"FROZEN"


Vinde ! Será moi divertido!

Lembrade que podedes vir acompañados de outros nenos e nenas, aínda que non veñan a este cole (amigos/as, veciños/as, primos/as...)


20 de novembro de 2017

COMEZA O CASTING

Hoxe dou comezo o casting para elexir os presentadores e presentadoras do festival de Nadal. 

O alumnado de sexto está organizando todo. Xa colgaron a semana pasada os carteis para animar a participar. 

Comezaron os nenos e nenas de infantil que se presentaron na biblioteca co seu guión aprendido e con moito entusiasmo. O xurado vaino a ter difícil!

 Mañá probarán sorte os nenos e nenas de primeiro e segundo.






16 de novembro de 2017

VOLUNTARIADO


Hoxe os voluntarios e voluntarias de biblioteca reunímonos para formar os equipos e poñerlle nome.



Estes son os equipos que se formaron e os nomes que lles puxemos:


Cada día da semana un equipo será o encargado de axudar na biblioteca:

Luns: Equipo GEIM. 

Martes: Equipo Bibliotecarios/as

Mércores: Equipo dos gatiños feitiños

Xoves: Equipo das estrelas florescentes

Venres: Equipo CATA 

As tarefas que levarán a cabo son as seguintes: 

1.  Animar aos nenos e nenas que visiten a biblitoeca no recreo a que leven libros para a casa e axudalos a rexistrar os préstamos no programa Meiga.

 2. Axudar a que se cumpran as normas da biblioteca e nas actividades que se leven a cabo ese día (títeres, manualidades...)

3. Ordenar os libros e revisar que cada clase teña os seus estantes ordenados. 

4. Biblio-patio. Ir polo patio con un carriño cunha selección de libros para que os nenos e nenas poidan ler ao aire libre. 


Actividade "DEIXAME QUE CHE CONTE" 

En momentos puntuais (que non haxa moito que facer) o voluntariado pode contarlle a un compañeiro/a un conto, historias inventadas, poesías, adiviñas, chistes... 







8 de novembro de 2017

As normas da biblioteca.


Os nenos e nenas de Primeiro encargáronse de elaborar unhas normas básicas para que o tempo que pasemos na biblioteca sexa de proveito e agrado para todos e todas. 

Hoxe, a clase de 1º A, presentoullas aos compañeiros e compañeiras de Infantil, 2º e 3º. 




Xa sabemos que son necesarias polo ben de todos/as.


Actividades da biblioteca para os recreos e as tardes.

O alumnado de 5º, tendo en conta as propostas que se levaron á Asemblea de Delegados/as, elixiu, deseñou e organizou as actividades que se van levar a cabo durante os recreos na biblioteca. Tamén as das tardes (como todos e todas sabedes, a biblioteca abre todos os días, menos os martes, de 16,00 a 18,00).

Hoxe, a aula de 5º B ,fixo a presentación da súa tarefa aos compañeiros e compañeiras de 3º, 4º e 6º. 
Mañá, será a quenda de 5º A, que llo presentará a Infantil, 1º e 2º. 



As actividades para a biblioteca da tarde, levaranse a cabo os xoves e son as seguintes: 

1ª semana: Contacontos/ teatro/títeres ofrecidos por familias voluntarias (pais,nais, avós, tías...).

2ª semana: Xogos de mesa. 

3ª semana: Intercambio de libros (dos que os nenos e nenas teñen na casa e lles apetecería intercambiar con outros compañeiros/as).

4ª semana: Película. 

Ocasionalmente: Exposicións (e presentacións ao vivo das mesmas por parte do alumnado que o desexe).


As actividades para os recreos son as seguintes: 

Luns: Contacontos / títeres/ teatro. 

Martes: Lectura libre. 

Mércores: Xogos de mesa. 

Xoves: Películas.

Venres: Manualidades.



Creo que a todo o mundo lle pareceu estupenda a proposta. Imos a aprender moito e a pasalo en grande na biblioteca. 







PRIMEIRA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA



Xa se celebrou o primeiro encontro dos clubs de lectura deste curso! 

Foi unha xuntanza moi , pero que moi doce e xa todos e todas se puxeron ao tanto dos libros aos que lles van atacar este primeiro trimestre.

Ademais, o club que faltaba por decidirse xa ten nome: OS LADRÓNS DE LIBROS. Fantástico! 

Aquí vos deixamos algunhas fotiños da reunión. 





AGORA... ADIANTE COA LECTURA! 



6 de novembro de 2017

DECORACIÓN DA BIBLIOTECA

Os máis pequenos/as do cole, expertos en pintar, recortar, pegar, etc. encargáronse da decoración da Biblioteca. 

Como estamos na época do Samaín axudaron a decorar o recanto de libros de medo e encheron a biblioteca de esqueletes e cabazas. 

Tamén pegaron un cartel cunha palabra que non pode faltar nunha biblioteca: LER. 

E como lle gustan moito as poesías, trabalinguas e adiviñas, decoraron unhas caixas onde meteron algunhas e que permanecerán na biblioteca para que as lean tódolos nenos/as do cole, que tamén poden axudar aportando algún texto máis.  

Na clase de 3 anos elaboraron uns móbiles con personaxes de contos que hai que ver o ben que lle quedaron.

Esperamos que vos guste!





3 de novembro de 2017

CONTACONTOS

Durante esta semana as nenas e nenos de segundo presentaron a súa tarefa na biblioteca. 

Para darlle a benvida aos pequenos e pequenas de 3 anos foron a buscalos á súa aula, leváronos á biblioteca, ensináronlla e representaron dous contos. Tiveron tanto éxito que decidiron representarllo tamén aos de 4 e 5 anos. 

Foi moi divertido! Noraboa polo traballo!

Premede nas imaxes para ver os vídeos. 


OS TRES PORQUIÑOS 



A QUE SABE A LÚA?


 https://www.youtube.com/watch?v=MTBsJCBKkV4