20 de decembro de 2018

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS PARA O NADAL

Como cada ano, deixamos aquí as recomendacións lectoras que facemos dende a biblioteca.


BOAS FESTAS E FELICES LECTURAS!



23 de novembro de 2018

NOVO RECUNCHO NA BIBLIOTECA

Tolerancia, respecto ao diferente, aceptación da diversidade ou romper cos estereotipos sexistas é a temática do novo recuncho creado na nosa biblioteca.
Nestes días eses libros estarán dispoñibles para ler na escola e logo de 2 semanas xa poderán ser emprestados para ler na casa e coa familia!



5 de novembro de 2018

Mochilas viaxeiras


Coincidindo co día das bibliotecas, o 24 de outubro demos comezo á actividade das “Mochilas viaxeiras” no noso colexio. Cada clase fixo entrega da súa mochila na propia biblioteca, como ben merecía a ocasión.

Durante os próximos meses estas mochilas farán viaxes moi especias e incluso farán viaxar ao noso alumnado desfrutando das lecturas, do cine, e de diversos materiais que nelas se atopan!















31 de outubro de 2018

SAMAÍN

Este 31 de outubro celebraremos na escola O SAMAÍN! A nosa biblioteca tamén se engalanou para a nomeada celebración e incluso temos dous recunchos de libros "terroríficos"!




1ª XUNTA DE DELEGADOS/AS E SUBDELEGADOS/AS

 O xoves 25 de outubro levamos a cabo a nosa primeira xunta de delegados/as e subdelegados/as.
O alumnado trouxo as súas propostas e chegamos a acordos para conseguir "UN COLE DE PELÍCULA".
Pouco a pouco iremos contándovos as novidades do proxecto. Estade atentas e atentos!







3 de outubro de 2018

“VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ,CURSO ESCOLAR 2018-19”



Este luns 1 de outubro a nosa biblioteca abriu as portas ás distintas clases.
Como todos os anos, pedimos axuda aos alumnos e alumnas para colaborar nas distintas actividades que se fan na mesma.
Temos que dicir que este ano foi un rotundo éxito, xa que se anotaron moitos nenos e nenas como voluntarios.

     GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

1 de outubro de 2018

BÚSCANSE LECTORES!!!

Buscamos persoas que queiran soñar, aprender, gozar... e pasar máxicos momentos achegándose aos libros.

Este curso tamén teremos CLUB DE LECTURA, que vai dirixido ao alumnado de 5º e 6º, e agora é o momento para que entredes a formar parte da nosa pequena familia, ou non tan pequena, quen o sabe?

Os libros que leremos son:

- "A SEÑORITA BUBBLE" de Ledicia Costas.



- "WONDER. LA LECCIÓN DE AUGUST" de R. J. Palacio.




- "O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN: O LADRÓN DE SOÑOS" de Fernando Manuel Cimadevila Botana.



O xoves 4 e o venres 5 de outubro recibiredes máis información nas clases.

O martes 9 de outubro remata o prazo para apuntarse.

O venres 11 de outubro publicaranse as listas cos membros de cada club.


ANIMÁDEVOS!


6 de setembro de 2018

O MONSTRO DE CORES

Durante o pasado curso o alumnado de 3º de primaria fixo unha versión musical do famoso conto "O monstro de cores".

Este traballo fíxose en diferentes etapas ata rematalo co fin do curso.

Comezou na aula de música compoñendo a música.
Logo os nenos interpretaron o conto no Festival de Nadal.
No terceiro trimestre fixeron o conto en papel contando coa colaboración da profe que imparte Valores Sociais e Cívicos.
Ilustraron a historia, escribiron as partituras, cortaron as figuras musicais e montaron un completo libro que formará parte da biblioteca do colexio.

A estrutura do libro é a seguinte: portada, a folla de cada emoción coa súa correspondente partitura, unhas follas con figuras musicais para poder formar os compases, o disco coa gravación do conto e a contraportada.


















Nos seguintes vídeos podedes ver o conto en papel e a representación dos nenos.







Presentación na biblioteca.



22 de maio de 2018

FOTO-POEMAS


Xa temos gañador do concurso-exposición "Foto-poemas": 

Roi Buezas Meis (5 anos A)


MIRANDO AO MAR,
ESCOITANDO AS ONDAS,
NA PRAIA DA LANZADA.
ESTA PRAIA DO SALNÉS
TEN A XENTE NAMORADA.


NORABOA!




SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Como cada ano desde 1963 celébrase o Día das Letras Galegas co obxectivo de homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola defensa da lingua galega e da nosa cultura.
Este 17 de maio estivo adicado a María Victoria Moreno.
maria victoria moreno
María Victoria Moreno foi unha escritora  moi ligada á nosa zona, pois exerceu como mestra no instituto de Vilalonga.

Na biblioteca adicouse un estante ás súas obras.




Por outra banda, durante todo este trimestre, o equipo de biblioteca, coa axuda do voluntariado preparou un recanto adicado ao teatro, coa intenció de que o alumnado tivese recursos para poder preparar unha obra e represetala nesta Semana das Letras Galegas.

teatro biblio

Durante toda a semana representáronse as seguintes obras de teatro:

"Somos felices piratas" (1ºA) e "Sopa verde" (1ºB)

piratas

sopa verde

"Os tres porquiños" (2º A) e "A que sabe a lúa" (2ºB)

2º

"A árbore que non tiña follas" (3º)

a arbore que non tiña follas

"Todo é un conto" (4º)

todo e un conto

"Mamasiña que medo" (5º)

mamasita que medo

"Restaurante Farruco" (6º)

restaurate farruco