24 de xaneiro de 2018

CINE NA BIBLIOTECA


A valente Merida enfróntase ás costumes e desafía ao destino para cambiar a súa sorte. 

Queres acompañala nas súas aventuras? 

Pois vente mañá xoves 25 á sesión de cine na biblioteca!

 Esperámosvos!








22 de xaneiro de 2018

VOLUNTARIADO

Hoxe os voluntarios e voluntarias da biblioteca pasaron polas aulas a explicarlle aos compañeiros e compañeiras as actividades que se van levar a cabo durante este trimestre.


BIBLIOTECA: LUGAR DE PENSAMENTO


Neste recuncho da biblioteca os nenos e nenas contan con recursos (libros e imaxes) relacionadas cos temas sobre os que imos PENSAR, FALAR, DEBATER, REFLEXIONAR, SACAR CONCLUSIÓNS... e que están relacionados coas conmmemoracións deste trimestre:


- Día da Paz (30 de xaneiro)

- Día Internacional da Muller (8 de marzo)

- Día Internacional dos Dereitos do Consumidor (15 de marzo)




Se pinchades na imaxe podedes ver un anaco da intervención da voluntaria Ainhoa  explicándolle esta actividade aos nenos e nenas da clase de 5 anos.



QUE ESTÁ PASANDO?

Neste outro recuncho, seleccionaranse noticias de xornal relacionadas cos temas anteriormente citados e que nos servirán como recurso para seguir conversando, analizando e debatendo sobre o que está pasando na nosa sociedade actual, no contorno máis próximo e pensaremos en posibles solucións e ideas para acadar un mundo mellor.





17 de xaneiro de 2018

OUTRO XOVES DE BIBLIOTECA!


Mañá, xoves día 18, estreamos actividade na Biblioteca! 
Estará aberta, coma sempre, de 16,00 a 18,00 e poderedes vir a facer INTERCAMBIO DE LIBROS. 




Para isto, teredes que traer un libro que xa teñades lido para poder trocarllo a algún compañeiro ou compañeira que traia outro seu. 
Lembrade que, unha vez utilizados, todos serán devoltos aos seus propietarios/as. 

ANIMÁDEVOS A VIR E GOZAR COMPARTINDO! 



10 de xaneiro de 2018

Biblioteca: espazo de pensamento

O CRUCEIRO OPINA


As nenas e nenos do Cruceiro temos moito que dicir.


Están pasando moitas cousas ao noso arredor que nos preocupan e sobre as que queremos falar, debatir, dar a nosa opinión, escoitar a dos demais,sacar conclusións...

Por iso, durante este trimestre imos converter a nosa Biblioteca nun ESPAZO DE PENSAMENTO que nos permita reflexionar e facer crítica sobre os principais temas que nos preocupan na actualidade: a violencia, a desigualdade, a discriminación da muller, o consumismo, etc.


O debate arredor destes asuntos segue a ser moi necesario. De seguro, as conclusións da rapazada que comeza a crear a súa propia opinión, serán de grande interese.

 No seguinte vídeo podedes ver e escoitar as súas preocupacións e ideas previas sobre como ven o mundo na actualidade.








XOVES DE BIBLIOTECA


Comeza o segundo trimestre e retomamos as actividades de tarde na Biblioteca. 

Mañá, xoves día 11, é a quenda dos XOGOS DE MESA.

Animádevos a vir e pasar unha tarde entretida cos amigos/as.