22 de febreiro de 2018

XOVES DE PELÍCULA


Hoxe é xoves e toca peli na biblioteca!  

Nesta ocasión, proxectaremos ICE AGE 5- O gran cataclismo- 


A obsesiva busca de landras por parte de Scrat acaba provocando un accidente : que un asteroide se dirixa á Terra ameazando con acabar coa Idade de Xeo. Sid, Manny, Diego e os demais membros da manda intentarán impedilo por todos os medios. 

Que boa pinta! Animádevos a vir! 





17 de febreiro de 2018

Mulleres

Xa se achega o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Neste día conmemórase a loita pola igualdade real entre homes e mulleres.
Cómpre construír unha sociedade na que a muller poida desenvolverse de maneira íntegra sen sufrir ningún tipo de discriminación.


Para iso é necesario que os nenos e nenas sexan conscientes desta situación, pensen, investiguen o papel da muller ao longo da historia, reflexionen e actúen.


No recanto da bibliteca "lugar de pensamento" xa están a disposición do alumnado algunhas obras nas que aparecen mulleres (personaxes literarios ou reais) das cales tomar exemplo.


Que gocedes coas lecturas e...
A PENSAR!


5 de febreiro de 2018

Pensamos sobre a PAZ

Ao longo do mes de xaneiro, e principalmente na última semana, na que se celebra o Día Escolar da Paz e non Violencia, os nenos e nenas do Cruceiro estivemos lendo, investigando, comentando, pensando, reflexionando, debatendo... 

Decidimos traballar a partir do libro "Imagine", pero na biblioteca reservouse un recuncho con moitos outros libros relacionados con esta temática.




Así, por exemplo, en 3 anos leron imaxes e diferenciaron entre aquelas nas que había paz e alegría e nas que non. En 4 anos investagaron sobre os xoguetes que tiñan os nenos e nenas que desafortunadamente viven en lugares onde hai guerras e conflictos. E en 5 anos, a partir do libro "Imagine" falaron do que significaba a paz para eles, e aportaron ideas de como contribuír a un ambiente de paz no noso cole e no mundo.



No primeiro ciclo, traballaron a partir dunha noticia sobre transplantes de órganos que colocaron no recanto da biblioteca: Que está pasando? Chegaron á conclusión de que doar órganos é un acto de solidariedade que por suposto contribúe á paz.


Tamén leron o libro "Los tres Bandidos" seleccionaron un parágrafo, pensaron, debateron, conversaron e sacaron conclusións, como por exemplo que as malas persoas se poden convertir en boas con un chisco de amor.


En 2º a partir de outro libro da biblioteca, afondaron nos sentimentos e emocións.



No segundo ciclo analizaron a letra da canción de John Lennon, ilustraron con debuxos moi orixinais o que significa a paz para eles e pensan que a mensaxe que transmite Lennon na súa canción sigue sendo necesaria na actualidade.



Pinchade nas seguintes imaxes e veredes unha selección de fotos e vídeos das actividades que se levaron a cabo durante este mes e coas que aprendemos a pensar e reflexionar, construíndo entre todos valores como a paz, a solidariedade, o amor, a empatía, a igualdade, etc.





3 de febreiro de 2018

Biblioteca: espazo de pensamento

Este ano na biblioteca non paramos de remexer nas nosas ideas, pensar, falar, conversar, intercambiar opinións e ata cambiar algunhas.

Comezamos o trimestre falando sobre xoguetes, pois vindo da época de Nadal, pareceunos que era case obrigatorio tratar o tema do consumismo.
Analizamos imaxes e lemos libros como por exemplo "Non é unha caixa" ou "Un agasallo diferente".

Despois de expresar as nosas opinións e escoitar as dos nosos compañeiros e compañeiras chegamos a algunhas conclusións como as seguintes:

- Temos moitos xoguetes
- Non hai xoguetes de nenos e de nenas. Todos os xoguetes son para que xoguen as nenas e os nenos.
- Debemos compartir cos nosos irmáns, primos e primas, amigos/as...
- De cando en vez debemos pensar en quen non ten xoguetes e dar dos nosos, pero non os vellos ou rotos...

Escribímolas e compartímolas no mural colocado na biblioteca.







2 de febreiro de 2018

CONTACONTOS


Hoxe, como cada primeiro xoves de mes, tocou contacontos na biblioteca.

Carmen (5 anos B), a súa nai e os seus primos representaron  o conto "O zapateiro e as bruxas". 

Foi moi divertido! Moitas gracias! 

Se queredes ver o vídeo clicade na imaxe, pero lembrade, velo en directo resulta moito máis divertido e enriquecedor para todos e todas.

 Animádevos a vir á biblioteca polas tardes! 

Esperámosvos!